sábado, 4 de mayo de 2019

"As persoas maiores nuncan comprenden nada por sí soas, e é agotador para os nenos ter que darlles sempre e sempre explicacións" de Saint-Exupéry, Antoine (1943)

E así foi como empezamos...Lendo ao meu alumnado este capítulo nun precioso exemplar conmemorativo do cincuenta aniversario da publicación do Principiño.
Sorprendéronse, rían, gustoulles, espertou a súa curiosidade  e quixeron saber máis acerca dunha das obras  máis destacadas da literatura do século xx.
E botamos a andar o noso proxecto de traballo para descubrir o que entraña esta obra que algúns din que non é un libro para nenos.
Nós limos, pintamos, analizamos, buscamos información, debuxamos, xogamos...Todo para atopar respostas, para descubrir novos significados e para comunicar o que aprendimos.
Falamos de literatura, lingua, arte, matemáticas, informática...Tamén de sentimentos e valores como  amizade, responsabilidade,  empatía,  amor... que tanto precisamos.
Agora traemos aquí algunha das nosas tarefas que desexamos compartir, porque cada vez que lemos o Principiño aprendemos algo novo, e non importa a idade que teñamos...sempre aprendemos! 
Moitas grazas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario